A Garda Civil detivo este fin de semana a C.L.G., de 25 anos e veciño de Ponteareas, como presunto autor de mais dunha decena de roubos cometidos durante os últimos meses en diferentes casas da bisbarra do val Miñor.
Fruto das investigacións que se viñan realizando a raiz dos roubos que desde fai dous meses se estaban cometendo no interior de vivendas, a Garda Civil de Gondomar, coa colaboración da Policia Local, pudo esclarecer a suposta autorÃa de dez casos en Gondomar e dous en Nigrán.