Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Nadal Entre Amigos

Nadal Entre Amigos

Correo-e Imprimir PDF

Nadal entre amigosNadal entre amigos é unha iniciativa de Consellería de Familia para que as persoas maiores que por calquera circunstancia se atopen soas, poidan pasar estas datas nun ambiente agradable e con actividades.

O vindeiro mércores, 24, remata o prazo de presentación de solicitudes para poder optar a unha das 315 prazas do programa "Nadal entre amigos", promovido pola Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado. As incricións deberán depositarse nas delegacións provinciais, nos centros da terceira idade, no Centro de Servizos Sociais, aínda que tamén se poderán formalizar chamando ao Teléfono do Marior, 900 333 666.

 

O obxecto da iniciativa, totalmente gratuita, que se desenvolverá entre o 23 de decembro e o 1 de xaneiro, nos hoteis "Sada Marina" (Sada - A Coruña), "Egatur Libertad" (Marín - Pontevedra), "Las Sirenas" (Viveiro - Lugo), na Vila Termal de Arnoia (Arnoia - Ourense) e na Residencia "Euxa" (Narón - A Coruña) é que as persoas maiores que nas datas do Nadal se atopen soas poidan pasar uns días de vacacións de balde, coa posibilidade de compartir estas festas nun clima de convivencia e participación.

Entre os requisitos necesarios para facerse cunha das prazas de "Nadal entre amigos" están o de ser maior de 65 anos, residir en Galicia, valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, atoparse só nesas datas, ter un nivel de ingresos económico baixo e non estar residindo nun centro da terceira idade.

Xunto coa solicitude, a persoa deberá presentar fotocopia compulsada do DNI e do cónxuxe, se é o caso; certificación ou fotocopia compulsada acreditativa da/s pensión/s que percibe o solicitante, así como do seu cónxuxe se procede (se non son pensionistas precisarase certificación negativa, expedida pola entidade correspondente); fotocopia compulsada da declaración da renda e certificado de convivencia actualizado do/s solicitante/s.

O programa, que non lle supón desembolso económico aos participantes, inclúe estancia en cuarto dobre en pensión completa, réxime alimenticio especial para as persoas que por prescrición médica o requiran, asistencia sanitaria e a posibilidade de realizar diversas actividades socioculturais.