Martes, 18 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Está en Nigrán pero será arranxada a petición de Gondomar.

Está en Nigrán pero será arranxada a petición de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
clemente

-Gondomar intercede ante a Xunta para que arranxen o cruce da Avda. Portugal e a estrada de Clemente

Aínda que a intersección sitúase no municipio de Nigrán foi o Concello de Gondomar, quen a petición de veciños de Mañufe, Donas e Borreiros, solicitou esta actuación, segundo da conta a administración gondomareña. Sinálase que son os veciños desta parroquia os maiores usuarios desta estrada onde xa a Xunta comezou as obras de mellora.

 As obras consisten na mellora da seguridade do cruzamento coa instalación de raquetas de acceso e sinalización; ademais da mellora do firme, canalización das augas pluviais e o retranqueo de puntos da iluminación pública, para o que se contou coa colaboración iso si, sinalan, do Concello de Nigrán.