Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Magostos no Val Miñor

Magostos no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Magosto no val MiñorBaiona, Nigrán e Oia tamén convidan a castañas hoxe

A Concellería de Xuventude de Gondomar oferecerá esta noite o seu  I Magosto Rock. Seis grupos musicais, entre eles tres da bisbarra, dous de Vigo e un de Madrid, tocarán desde as 19.00 horas neste concerto acompañado de castañas asadas, viño e licor café.

O festival contará con bandas como Clown Me de Gondomar, Nengun de Baiona e Dakidarría, de Nigrán. Os músicos vigueses convidados á cita son os integrantes de Glassonion e Moustiqu, cuxos compoñentes formaron parte de conxuntos míticos como Semen up, Os Resentidos ou Lombardi.

Indivíduos é a sexta agrupación que tocará esta noite até a madrugada na explanada anexa ao pavillón de Desportes de Gondomar. Entre os seus logros atopase o prémio "Tentacións" do periódico O País.

Os amantes do rock que acudan á cita de Gondomar poderán degustar 150 kilos de castañas asadas e bebidas.

O concellal de Xuventude, Miguel Jorge �lvarez, espera que o concerto "que contará con 16.000 vátios de son e 25.000 de luz" obteña unha resposta que faga posíbel a sua repetición en próximos anos. desta forma, o edil trata de oferecer un espazo aos músicos da bisbarra para que "mostren o seu traballo" e responder ao compromiso do seu departamento coa mocidade de Gondomar.


Baiona, Nigrán e Oia tamén convidan a castañas hoxe
 
Os demáis concellos da bisbarra tamén celebran hoxe os seus magostos. O de Nigrán comezará ás sete da tarde xunto ao pavillón de Panxón. Os asistentes poderán degustar 50 kilos de castañas asadas con viño de Camos servido en cuncas de lama. En Baiona, a festa iniciaráse ás cinco da tarde con xogos para nenos na praza do concello. A partir dos seis e meio, comezará o reparto de castañas e bebidas. .

A paróquia de Pedornes, no município Oia, tamén celebrará o seu magosto a partir

www.farodevigo.es