Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A popa do «Prestige» quedou sen biorremediación por falta de tiempo

A popa do «Prestige» quedou sen biorremediación por falta de tiempo

Correo-e Imprimir PDF
PrestigeA popa do Prestige non foi sometida finalmente ao proceso de biorremediación como estaba previsto por falta de tempo, xa que as malas condicións climatolóxicas demoraron o traballo na zona e impediron levar a cabo a operación, indicaron fontes da compaña Repsol. Sen embargo, os peritos consultados aseguraron que o fuel que se calcula que pode haber na popa, unhas 700 das 77.000 toneladas que transportaba o petroleiro, non representa un perigo dado que a cantidade é «muy pequeña» e se degradará de forma natural co tempo.

O proceso de biorremediación, que se aplicou á proa do petroleiro, asi como ás zonas afectadas polo vertido de fuel en terra, é unha técnica de limpeza que consiste en estimular as bactérias que se alimentan do petróleo, para que elimine mais o hidrocarburo.

Ler nova completa da Voz de Galicia