Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Cooperación en Europa: Novas oportunidades para a cooperación galega

A Cooperación en Europa: Novas oportunidades para a cooperación galega

Correo-e Imprimir PDF
IGADIO vindeiro  5 de Novembro  celébrase en Vigo  o  primeiro coloquio do ciclo de Conferencias: Oportunidades para a cooperación en Galicia  que organiza o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en colaboración co Concello de Vigo.

Co título â??A Cooperación descentralizada en Europaâ?? Sara Bayés, experta en cooperación descentralizada da Unión Europea, efectuará unha  aproximación á normativa  vixente sobre Cooperación Internacional na Unión, para identificar as oportunidades que nesta materia se nos presenta  cos cambios sufridos pola lexislación europea e propiciando o debate  sobre o futuro da  cooperación galega no eido internacional tentando propoñer novas políticas e  estratexias para a cooperación ao desenvolvemento.

 

Coa posta en marcha deste Ciclo de Conferencias, o  Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade,  pretende contribuír  a abrir unha nova vía de información  sobre os temas  de actualidade que xiran arredor dos cambios na normativa e nas políticas da Unión Europea e do Estado, en materia de cooperación ao desenvolvemento.

 

As últimas tendencias da cooperación  abren portas á  Cooperación Galega, moi diminuída nos seus recursos e capacidades de todo tipo. Por iso cómpre estar atento ás posibilidades que poden emerxer nos contextos político-institucionais nos que estamos inmersos. Detectalas e aproveitalas é un  desafío que deberá afrontar  Galicia para  poder  continuar medrando neste longo camiño, que dende hai anos leva iniciado  no eido da cooperación .

 

Estas Conferencias están dirixidas ao responsables políticos, actores da cooperación ao desenvolvemento, persoal técnico dos concellos relacionados co mundo da cooperación,   cidadanía en xeral.

 

Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

   Máis información: 986 357 238,  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo