Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor I ENCONTRO NOS PENDELLOS D´AGOLADA : a Memoria, a Palabra e a Música

I ENCONTRO NOS PENDELLOS D´AGOLADA : a Memoria, a Palabra e a Música

Correo-e Imprimir PDF

Prezados amigos:

Coa ledicia que nos corresponde a todos, convocámoste ao "PRIMEIRO ENCONTRO NOS PENDELLOS D´AGOLADA : a Memoria, a Palabra e a Música.".

Coidamos que os medios de comunicación comparten esta hora feliz da nosa Asociación e que darán cumprida noticia dos actos que achegamos no programa. Como ben sabes, Estremadura, Asturias, León e Zamora gardan con orgullo A Fala que herdaron dos devanceiros. Nós queremos terlles o agradecemento debido e dar en afecto o noso espacio da memoria, que son Os Pendellos, para as salutacións e os recoñecementos, neste día 14 de novembro.

Agardamos a túa asistencia e participación. Unha aperta de buxo.

Agolada, outono do 2004

Así, así quero a espiral continua,
sinuosa, delicada e interminable.

                       Xela Arias



Terra pousada nos meus ollos,
Terra rubindo polo sangue.

                       Antón Tovar



Como facer para asustar as horas
           pequenas furias impotentes

                       Luisa Villalta



Vou buscando os derradeiros fisterres
nun desamparo de luz

                       Manuel María



As vosas Palabras na nosa memoria, sempre

 

 

 

 PRIMEIRO ENCONTRO NOS PENDELLOS D´AGOLADA:
a Memoria, a Palabra e a Música.

Domingo 14 de novembro 2004

Programa de actos:

12:00 h. Pasarrúas pola Banda Municipal d´Agolada.

12:300 h. Praza e Casa do Concello: Recibimento aos tres alcaldes de Estremadura: Sa Martí de Trebellu, As Ellas e Valverdi do Fresnu; ao Delegado da Fala dos Tres Lugaris: Domingos Frades Gaspar; e aos Delegados do Galego en Asturias (Eo-Navia): Carlos Varela Aenlle, do Galego no Bierzo: Héitor Silveiro García; e do Galego nas Portelas, Sanabria-Zamora: Felipe Lubián Lubián.

13:00 h. Nos Pendellos: Percorrido da Memoria. Relatorio da nosa Historia de feira e arquitectura popular. Entrega do PENDELLO DE PRATA 2004 ao Delegado da Fala na Estremadura: don Domingos Frades Gaspar.

13:30 h. Magosto nos Pendellos. A Palabra e a Música: entervencións de escritores e poetas. Música dos Gaiteiros de Bico da Balouta e de Axóuxere de Melide; folc de Na Virada de Cangas e A Quenlla. Recreación das Cantigas de Cego...

14:30 h. Visita ao Dólmen dos Muiños,en Bidueiros (se o tempo axuda)

15:00 h. Xantar. Queimada. Entrega dos pergameos aos Socios/as de Honra. Intervencións diversas: a Palabra, a Música...

20:30 h. Saída cara Melide: recibimento na Casa do Concello. Visita aos Museos históricos e etnográficos. Degustación dos "ricos e melindres".

AGRADECEMOS A PARTICIPACIÃ?N ABERTA DE TODOS OS VECIÃ?OS E VISITANTES

Asociación de Amigos dos Pendellos d´Agolada

 

 

O prezo do menú é de 17 euros (magosto e xantar), para anotarse chamade ata o domingo 7 ás  20h. aos teléfonos: 

 

Raquel   986789920/  699880270

Busto   986788179 ( a  partir das 20 h.) 616581025 (a partir das 13 h.)

 

Ou ben a través de e-mail                    Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

                                                        Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo