Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A caza no Val Miñor está cada vez pior, xa non queda case nada

A caza no Val Miñor está cada vez pior, xa non queda case nada

Correo-e Imprimir PDF

Comezou a temporada de caza e os fins de semana os esquilmados montes do Val Miñor voltan a povoarse de afeizoados en busca do pouco que queda por capturar.

En Gondomar, os cazadores están agrupados na asociación «La Gondomarense», que agrupa a perto dun centenar de persoas. Entre eles, hai unha sóa muller, María do Carmen Iglesias Comesaña, que ademais de ser a única dama que participa en competicións de toda a província de Pontevedra, acaba de se proclamar campeona de España de caza na modalidade de San Huberto no certame celebrado recentemente en Huércanos (A Rioja).

Ademais, a comezos deste mes de outubro obtivo a medalla de ouro por equipoas no campeonato do mundo celebrado en Eslovaquia. Son títulos que nunca conseguiría sen a sua inseparable parceira, Kia da Chousa , unha pointer negra de dous anos e medio, que ela mesma adiestrou con moita paciéncia. Actualmente busca patrocinadores.

Ler entrevista da Voz de Galicia