Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Autoestradas aproba o proxecto da circunvalación do Val Miñor

Autoestradas aproba o proxecto da circunvalación do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

O alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez, anunciou antonte que Autoestradas de Galicia levará a cabo as obras necesárias para que o tramo da autoestrada do Val Miñor sirva para interconectar os tres concellos da bisbarra.

O proxecto xa foi aprobado e dotado de consignación presupuestaria e a próxima semana será apresentado nun acto público. Estas obras terán un orzamento aproximado de seis millóns de euros e servirán para poder desplazarse entre os tres concellos do val a través da autoestrada, unha vella demanda viciñal, que ademais foi unha promesa que fixo Xosé Cuiña cando anunciou o proxecto no ano 97.

A circunvalación do Val Miñor non será gratuita para os usuários, xa que Autoestradas estabelecerá unha peaxe pola sua utilizazón, co que espera rentabilizar o investimento.

Ler nova completa da Voz de Galicia