Xoves, 18 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Nova alerta vermella no mar. Petra causa estragos no Val Miñor

Nova alerta vermella no mar. Petra causa estragos no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Rio Miñor ao seu paso por Toucido Gondomar - Foto 1punto1 Fotografía
Paseo martimo Panxon - Foto Antonio Estevez
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O mércores Galicia quedará nunha zona de transición á espera dunha nova fronte que nos afectará na madrugada.

Así, continuaremos cun réxime de ventos do sudoeste, que deixarán unha xornada de intervalos anubrados con chuvias de carácter intermitente. A cota de neve estará arredor dos 900 metros nas primeiras horas subindo rapidamente a 1200 metros pola tarde.

 

Cara á noite, os ceos quedarán cubertos con chuvias xeneralizadas en toda a Comunidade. 

Alerta vermella no mar
Unha nova borrasca deixará ondas superiores aos 8 metros, con ventos intensos no litoral norte durante a primeira metade do día.

As temperaturas mínimas ascenderán mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará forte do sudoeste en xeral.

Estragos no Val Miñor

O paso do temporal Petra causou numerosos estragos no Val Miñor. Aos xa habituais desbordamentos do río Miñor no centro de Gondomar, hai que sumar o continuo azote que leva sufrido o paseo marítimo de Panxón detrozado xa pola acción do mar nos últimos temporais, así como o desprendemento na fonte do Campelo na Granxa en Belesar. 

Tamen sufriron danos as pontes de madeira do trampo perimetral do Camping na praida da Ladeira así como o paseo de madeira que conecta a praia da ladeira coa ínsua de Santa Marta en Baiona.

Achegarse ao mar.

Os curiosos seguen achegándose ao mar para contemplar a bravura das mareas vivas destes días. Moitos son os que critican que se permita a circulación pola estrada Baiona - A Guarda no tramo do Rompeolas ante a perigosidade da rompente do mar que na anterior vaga levou por diante parte dos petrís de pedra do muro así como o valado do garda raíl.