Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O Igadi no Consello Español de Estudios Iberoamericanos

O Igadi no Consello Español de Estudios Iberoamericanos

Correo-e Imprimir PDF
A coordinadora de centros de estudios españois especializados no coñecemento dos temas latinoamericanos ven de aceptar a integración do IGADI, que dirixe Xulio Ríos, recoñecendo o labor desenvolvido nos últimos anos na súa aproximación á problemática de América Latina.

Neste Consello participan mais de cincuenta centros, tanto de carácter público como privado, que organizan encontros e seminarios e tratan de poñer en común as súas actividades e facilitar o intercambio do coñecemento, a crítica intelectual e a construcción dunha auténtica rede de académicos e investigadores.

 

O IGADI participará como membro de pleno dereito no próximo encontro de latinoamericanistas que terá lugar o ano próximo en Tordesillas (Valladolid) e tentará recabar apoios para que o XII Congreso de Latinoamericanistas, previsto para 2006, se celebre en Baiona.

 

www.igadi.org