Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Universidade de Coimbra e o IGADI colaboran en materia de investigación e doce

Universidade de Coimbra e o IGADI colaboran en materia de investigación e doce

Correo-e Imprimir PDF
IGADI

O Centro de Estudios Sociais da Facultade de Economía da Universidade de Coimbra (Portugal) participará nun proxecto de investigación coordinado polo IGADI, que dirixe Xulio Ríos, que servirá de base á Administración galega para promover unha liña de acción de fortalecemento do poder municipal nos países africanos de lingua oficial portuguesa, moi especialmente en Cabo Verde e Mozambique. Esta actuación, na que tamén se implican Cámaras portuguesas que recentemente participaron nun encontro celebrado en Baiona, será presentado nos próximos meses en Bruxelas.

Nun encontro mantido en Coimbra, José Manuel Pureza, director do Centro, asegurou que este será o primeiro paso para o estreitamento de vinculos entre esta Universidade, a mais antiga de Portugal, e o IGADI. Neste curso Xulio Ríos será profesor invitado nesta Universidade onde pronunciará varias leccións sobre as reformas na China.