O accidentado pide a colaboración cidadá para dar co conductor ou conductora dun Ford Fiesta do ano 2008 que o pasado 15 de nomvembro o arroiou e deuse á fuga.
Juan Carlos Soto, veciño de Nigrán, circulaba pola rúa o Grove, fronte ao Alcampo de Coia, cando o vehículo infractor invadiu o seu carril en dirección contraria e impactou de fronte conta a súa motocicleta.
A consecuencia do impacto Soto, recoñecido fotógrafo profesional, sufriu a amputación de parte do dedo índice da man esquerda, laceración severa baixo rotula da perna, desgarro severo peroneo tibial, traumas múltiples e magulladuras.
A sorpresa deste veciño foi cando se percatou que o conductor seguira a súa marcha e o deixara "tirado" na estrada e denegando a obriga de auxilio. Motivo polo que a policía rastrea agora todas as cámaras de seguridade da zona para dar caza ao vehículo e polo ante a xustiza.
A vítima fai un chamamento á participación cidadá para atopar un Ford Fiesta negro - modelo 2008 - que tería un importante impacto no frontal e lateral esquerdo, para que o poñan en coñecemento das forzas de seguridade.