Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Acto Presentación bigrafía de Lois Tobío

Acto Presentación bigrafía de Lois Tobío

Correo-e Imprimir PDF

Lois TobioActo de presentación do libro biográfico Lois Tobío -O diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo

Participan: Xosé Luis Franco Grande, escritor e membro da Real Academia Galega. Emilio Xosé �nsua, profesor e escritor. Xulio Ríos, autor da biografía de Lois Tobío. Lorenzo Pousa, presentador do acto.

O día 29 de Setembro ás 20,00 horas en Villa Rosa (Baiona)

Hora de finalización do acto: 21,00 horas.


Xulio Ríos, director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, www.igadi.org presentará o próximo mércores día 29 de setembro en Baiona a súa biografía de Lois Tobío, â??o diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundoâ??, segundo subtitula no seu volume.

 

A obra foi editada na colección â??Galegos na Historiaâ??, de Ir Indo edicións e fai o volume 28 desta escolma de persoeiros mais sobresaíntes da nosa contemporaneidade.

 

Lois Tobío (1906-2003) foi membro do Consello Asesor do IGADI e un dos intelectuais máis sólidos que ofreceu Galicia no último século. Dende os seus primeiros esforzos investigadores no Seminario de Estudios Galegos ata a súa labor diplomática no Ministerio de asuntos exteriores da República, mantivo sempre un forte compromiso con Galicia que continuou e afondou durante o seu exilio americano.

 

Ademais das súas traduccións, de especial interese resulta as súas investigacións sobre o Conde de Gondomar, figura sobre a que publicou numerosos libros.

 

Participante na elaboración do anteporoxecto de Estatuto de Galicia, ideólogo da formación do Consello de Galiza no exilio, peza clave na organización do I Congreso da Emigración Galega e da publicación da primeira Historia de Galicia, a súa foi unha vida marcada pola identificación coa nosa Terra.

 

Esa vocación política coexistiu ademais cunha enorme curiosidade intelectual e, sobre todo, cunha acentuada vocación universalista que o facía aberto defensor da diversidade.

 

No xornalismo, en prensa escrita e en radio, abordada todo tipo de cuestións, exercendo notoriamente como analista internacional, vinculo que o relaciona moi directamente cunha parte substancial do labor do IGADI.

 

Segundo Xulio Ríos, trátase dunha figura que merece ser mais coñecida e mais valorada, e nese empeño cabe contemplar esta aproximación biográfica.

 

PRESENTACIÃ?N: 29 de Setembro de 2004, 20,00 h, Villa Rosa (Baiona)

Participan no acto: Xosé Luis Franco Grande, escritor e membro da Real Academia Galega; Emilio Xosé �nsua, profesor e escritor; Bieito Ledo, editor de Ir Indo; Lorenzo Pousa, quen fará de moderador do acto, e Xulio Ríos, autor da obra.

 

Máis información: 986 357 238; 610 445 024.