Concerto clásico en Paxón, Senderismo por Camos, Feira de ArtesanÃa en SabarÃs e Romeria na Virxe da Rocha con Concertos e Sardiñada
O Val Miñor afronta o último fin de semana de agosto con numerosas actividades lúdicas. En Nigrán, esta noite actuará o dúo de cámara formado pola soprano Teresa Novoa e o guitarrista Tomás Camacho.
A actuación comezará ás 21.45 horas no Templo Votivo do Mar de Panxón e o programa está composto por adaptacións para voz e guitarra de obras de Albéniz, Alberto Ginasteira, Granados, Falla, JoaquÃn Rodrigo e do próprio Tomás Camacho.
Este dúo constituido dende fai mais de 5 anos é unha acostumada formación cuia finalidade é oferecer versións fidedignas e orixinais do repertório español para voz e guitarra. Nos seus numerosos concertos realizados en España e o resto de Europa, a crÃtica especializada destacou a forza, orixinalidade e o enxebrismo das suas versións, especializadas no repertório da música española. gravaron dous discos compactos con música de Manuel de Falla, JoaquÃn Rodrigo e obras do cancioneira popular español.
Ademais, mañá domingo está organizada unha rota de sendeirismo pola paróquia de Camos. A saÃda será ás 10 da mañá desde a secretaria de Turismo das Dunas de Gaifar. Trata-se dunha rota de dificuldade meia alta, con un percorrido de 10 quilómetros de duración e unha duración de case tres horas.
En Baiona, a asociación de viciños Castro o Ladeira organiza hoxe e mañá unha feira de artesanÃa no barrio de SabarÃs.
Este domingo terá lugar unha das citas mais tradicionais da temporada de verána coa celebración da romaria da Virxe da Roca. O programa de festas comezará ás once e meia desta noite con un concerto da banda de música de Baiona, dirixida por Gabriel RodrÃguez, na praza do Concello.
O domingo haberá unha misa solene ao pé do monumento e seguÃdamente actuacións folclóricas. ás duas da tarde terá lugar a «Festa dá Sardiña», unha comida campestre no área recreativa do monumento. pola tarde continuarán as actuacións folclóricas.