Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Os alcaldes do Val Miñor aseguran que os PXOMs da bisbarra estarán aprobados no primeiro trimestre de 2014.

Os alcaldes do Val Miñor aseguran que os PXOMs da bisbarra estarán aprobados no primeiro trimestre de 2014.

Correo-e Imprimir PDF

 

-A directiva de OVALMI informa que obtivo un compromiso unánime dos alcaldes do Val Miñor para ter aprobados os respectivos PXOMs no primeiro trimestre de 2014.

Membros da directiva da Asociación de Empresarios do Val Miñor (OVALMI) mantiveron os habituais encontros cos respectivos alcaldes para trasladar algúns dos problemas que afectan ao sector. Nomeadamente, o colectivo empresarial manifestouse interesarso polo estado de tramitación dos PXOM, e brindarse para colaboración en proxectos dinamizadores da economía da comarca.

En canto aos PXOM practicamente o compromiso foi unánime en canto a que no primeiro trimestre 2014 deberían estar aprobados definitivamente, sinalan dende OVALMI.

Puntualizan que o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña manifestou “o seu especial interese en resolver algúns flecos da obra de dinamización de Sabarís”, que segundo o colectivo empresarial “teñen bastante descontentos aos empresarios da zona xa que non cumpren a expectativa xerada de converter Sabarís nunha zona comercial de referencia e competitiva”.

No que respecta ao conversado co alcalde de Gondomar, salientan que Fernando Guitián manifestou o seu interese pola unión das distintas asociacións empresariais municipais do Val Miñor baixo a coordinación de OVALMI, en forma de federación, “de maneira que a voz empresarial comarcal teña máis forza”.

Finalmente, sinalan que o rexedor de Nigrán, Alberto Valverde, aproveitou para presentar a OVALMI o próximo festival PortAmerica, no que se está traballando para convertelo “nun acontecemento de primeiro nivel e visita obrigada para miles de persoas”, coa consecuente repercusión turística. Tamén se está traballando na resolución da problemática da taxa de recolleita de lixos.