Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A gasolina subirá este ano en Galicia un 20%, máis de seis veces o IPC

A gasolina subirá este ano en Galicia un 20%, máis de seis veces o IPC

Correo-e Imprimir PDF

Os combustíbeis acumularán no conxunto do 2004 en Galicia unha suba do 20%, un incremento como para facer añicos calquera previsión. no que vai de ano, o valor de venda dos carburantes na comunidade aumentou un 15% e tanto a Confederación de Empresarios de Estacións de Servizo (CEES) como a Asociación de Vendedores de Carburantes (AEVECAR) vaticinan que as gasolinas subirán outro 5% até finais do 2004. � dicir, que a medra anual será mais de seis veces o IPC que ten Galicia na actualidade e que se situa no 3,2%. Se se toman como referéncia os prezos de decembro pasado se conclui que, agora, un condutor galego necesita gastar entre cinco e sete euros mais para poder encher o seu depósito.

Ao descuberto

A escalada dos carburantes puxo de manifesto a escasa competéncia de prezos que existe no mercado galego, moito máis baixa que no conxunto de España. En Galicia só se achan seis das 148 estacións de servizo que hai en todo o país en mans dos hipermercados. A mostra de prezos que ofrece diáriamente o Ministério de Economia revela, ademais, que das 20 estacións máis baratas que hai en España nengunha se atopa nesta comunidade. Tamén dá conta de outra realidade: que a existéncia dun hipermercado con gasolineira fai que o resto de estacións de servizo desa zona baixen os seus prezos. Isto é o que acontece, por exemplo, en Ribadeo, Ferrol e Lalín, onde a oferta de Alcampo e de Eroski empurra á competéncia a reducir os seus valores de venda. Por iso, estacións de servizo destas localidades encabezan os listados provinciais de gasolineiras mais baratas. Pero estes exemplos, lonxe de ser frecuentes, constituen excepcións isoladas: Cepsa e Repsol controlan nesta comunidade mais do 70% da tarta do mercado e o ritmo de solicitudes de apertura de gasolineiras en hipermercados é demasiado baixo como para que, a corto prazo, poda variar o esceario de prezos ao consumidor. no 96% das estacións de servizo da comunidade vendense os carburantes con unha diferenza de só un céntimo de euro.

Fonte www.lavozdegalicia.es