Os veciños da bisbarra do Val Miñor que o desexen poderán, se se cumplen os prazos previstos, engancharse á rede de gas natural a partir de finais do próximo ano.
Asi o deu a coñecer onte o primeiro tenente de alcalde de Nigrán e concellal de Infraestruturas, Antonio Fernández Comesaña. Segundo adiantou o edil, os traballos para a canalización comezarán a princÃpios de setembro, «para non entorpecer o tráfico durante a época estival».
O Concello xa autorizou a ocupación de terrenos para que Gas Natural de Galicia comece a instalación da distribución. A rede constará dunha conexión coa de Vigo e un ramal para o suministro ás povoazóns de Nigrán, Baiona e Gondomar.
A canalización entrará no municÃpio nigranés pola estrada PO-552 até atinxir o cruce coa rua Bernardo Vázquez. Aqui desviará-se en enderezo á PO-325 e continuará esta via, pola rua Torrente Ballester até a ponte sobre o rio Miñor.
dese ponto partirán duas desviacións. Cara Baiona, cruzará aérea sobre o rio Miñor e para Gondomar discurrirá pola estrada PO-314. En total instalarán-se 9.512 metros de canalizacións.
Ler nova completa da Voz de Galicia