Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Por que arde o monte?

Por que arde o monte?

Correo-e Imprimir PDF
"Os lumes apáganse no inverno" É unha frase moi repetida por todos os sectores consultados por Vieiros ao fío do problema dos incendios, para subliñar as eivas na prevención dos lumes. O ministerio de Medio Ambiente poñía nas primeiras planas recentemente un presunto abuso coa reutilización de terreos queimados para prantar viñas. Pola súa banda, a consellería de Medio Ambiente subliñaba a intencionalidade da maioría de lumes e o impulso da loita policial contra os incendiarios. No fondo da cuestión a vella promesa de Fraga na súa entrada na política autonómica de ir acabar cos incedios en seis meses. Quince anos e moitos millóns de euros gastados despois, a pé de monte, veciños, ecoloxistas ou axentes forestais advirten: a situación está igual, ou se cadra, aínda peor.

Que precisamos para rematar cos incendios?
[10/08/2004] Quen queima o monte? Por que? Como pode rematarse co lume nos montes? Que erros se viñeron cometendo deica agora? Cales son as prioridades para o futuro? Sobre estas e outras cuestións falaron para Vieiros un conxunto de persoas dende diversos ámbitos:
  • Xabier Vázquez Pumariño, ecoloxista (Adega):"cantos máis cartos se gasten na extinción significará que o fracaso é maior"
  • Xosé Santos, axente forestal (CCOO): "a consellería segue preferindo o uso de teorías exculpatorias, pero sen profundizar e sen abrirse a debater"
  • Manuel Canitrot (CIG): "o monte está abandonado, máis aínda: dá problemas, e nesa situación as probabilidades de que arda soben moito"
  • Xosé Pereira, Asociación de Montes de Man Común: "nunca entendemos por que a Xunta se nega a constituír ese foro conxunto que esiximos"
  • Xoán Monasterio (Sindicato Labrego Galego): "o problema básico está no despoboamento do rural"
  • "Apagón informativo" sobre os incendios?
    [10/08/2004] "Tratar de agocharlle ao pobo a verdadeira dimensión da traxedia" ao xeito do que xa acontecera co Prestige sería a actitude da administración autonómica cos incendios. A denuncia do secretario de organización do PSOE chega ao tempo que a queixa do conselleiro de Medio Ambiente polas cifras de hectáreas queimadas ofrecidas polo ministerio, que dobran ás da consellería. Sobre o tema, a CIG critica que a Xunta mide a superficie queimada sobre o mapa, "cando na realidade do terreo entre dous puntos hai montañas e elevacións" polo que existiría un "desaxuste bestial" nas cifras. Dende o BNG piden un foro parlamentario sobre o problema dos incendios que lle dea voz a todos os sectores sociais.

  • Onde van os cartos da loita contra o lume?
  • As erradas políticas forestais na orixe
  • A Xunta prohibirá plantar viñas en terreos queimados
  • Os sindicatos din que non hai vencello dos lumes coa reutilización de terreos para o agro
  • Non é un "simple asunto de delincuencia"

    Hai probas de intencionalidade en 54 incendios no que vai de ano
    [10/08/2004] A cifra de incendios e terreo afectado polo lume a finais de xullo do 2004 supera xa o total do queimado ao longo de todo o ano 2003. "Temos a seca máis grande en trinta anos", afirmou o conselleiro ao respecto.

    Lumes Nunca Máis
    [10/08/2004] Manifesto: Esiximos responsabilidades da nefasta xestión da Xunta de Galiza e a Consellería de Medio Ambiente na loita contra os lumes en Galiza.
  • Ler noticia completa en Vieiros