Foi detido pola Garda Civil un mozo afincado en Gondomar, tras varias denuncias de roubos en varias propiedades do Val Míñor, ás que ingresaba na súa calidade de pintor. O mozo, de 22 anos e identificado como S.P.M, presuntamente aproveitaba os seus traballos como empregado dunha empresa de servizos de mantemento para levar xoias dos donos das fincas.
Segundo fontes consultadas, o mozo subtraía os obxectos en pequenas cantidades co fin de non levantar sospeitas. A Garda Civil localizou as mesmas en diferentes establecementos de compra de ouro da zona. As investigacións continúan abertas e non se descarta que poidan imputarlle máis delitos deste tipo, ademais dos dous casos investigados.
O detido atópase en liberdade coa obrigación de presentarse no xulgado de instrución número tres de Vigo cando sexa requirido.