Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Ponlle a túa voz ao

Ponlle a túa voz ao

Correo-e Imprimir PDF

Castelao

A Fundación Galiza Sempre organiza o vindeiro venres día 2 de xullo unha lectura pública de Sempre en Galiza, a obra de Alfonso Daniel R. Castelao que permanece como referencia básica do nacionalismo galego. Ese día, hai 60 anos, milleiros de persoas congregáronse en Bos Aires para escoitar e homenaxear a Castelao logo da edición do seu libro. A lectura terá lugar na Casa Galega da Cultura de Vigo e pode participar quen o desexe.

A primeira edición do Sempre en Galiza saíu do prelo o 10 de marzo de 1944. A obra de Afonso D. Castelao permanece como referencia básica do nacionalismo galego e cobra nova actualidade entre quen desexamos superar os estreitos marcos de autogoberno que teñen limitado ata agora as nosas aspiracións de liberdade nacional.

O 2 de xullo de 1944 milleiros de persoas congregáronse en Bos Aires para escoitar e homenaxear a Castelao logo da edición do Sempre en Galiza. 60 anos despois queremos poñerlle voz ás súas ideas coa lectura pública das páxinas que mellor recollen o soño dunha Galiza universal por plenamente libre.

Pásate o día 2 de xullo pola Casa Galega da Cultura de Vigo, na Praza da Princesa s/n.

Apuntádevos, antes do 30 de xuño,  aqui http://www.vieiros.com/mais/castelaoenvozalta/