Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Mancomunidade do Val Miñor paraliza o expediente de adxudicación da recollida de animais abandonados.

A Mancomunidade do Val Miñor paraliza o expediente de adxudicación da recollida de animais abandonados.

Correo-e Imprimir PDF
perrera vincios

A máis de catro meses da suspensión do servizo de recollida de animais por parte da Mancomunidade do Val Miñor, a bisbarra sigue sen formalizar unha solución ao tema. Por riba, o Pleno da Mancomunidade decidiu paralizar o expediente de adxudicación da recollida de animais abandonados, iniciado hai dous meses, e para o que xa había unha disposición orzamentaria de 40.680€, segundo información aportada polo concelleiro nacionalista Antonio Araúxo Quintas.

A maioría popular que rexe o organismo presidido na actualidade polo alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, asumiu a medida logo que a Deputación de Pontevedra ofrecese facerse cargo do servizo. Para Araúxo, trátase dunha solución "teórica", xa que " o único que hai é unha carta da Deputación anunciandoa, sen concretar máis."