Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Cinco praias do Val Miñor e os dous portos deportivos de Baiona reciben a Bandeira Azul 2012.

Cinco praias do Val Miñor e os dous portos deportivos de Baiona reciben a Bandeira Azul 2012.

Correo-e Imprimir PDF
vista nigran

A Fundación Europea de Educación Ambiental galardonou esta mañá coa Bandeira Azul 2012, ás praias Os Frades, Santa Marta e A Barbeira do concello de Baiona, así como as de Nigrán, Praia América e Patos. O mesmo galardón foi outorgado na categoría Portos ao Monte Real Club de Yates de Baiona e ao Porto Deportivo de Baiona.

 

A Bandeira Azul é un distintivo que outorga anualmente a Fundación Europea de Educación Ambiental ás praias e portos que cumpren unha serie de condicións ambientais e instalacións de calidade.