Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Os carrís bicis de Ramallosa e Baiona teñen moito perigo

Os carrís bicis de Ramallosa e Baiona teñen moito perigo

Correo-e Imprimir PDF
Pasamans-Ramallosa
Bancos-Paseo-Baiona
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A mala colocación do mobiliario urbano son os causantes dunha situación de perigo para os usuarios destes carrís bicis.

Ainda que o principal perigo dos ciclistas son os coches, circular polas zonas delimitadas para ás bicicletas non os libra doutros perigos. Neste caso nas zonas de A Ramallosa e Baiona, e os causantes deste perigo son a mala colocación do mobiliario urbano que no caso de A Ramallosa unha barandilla invade o carril bici, e no caso de Baiona os bancos de ferro son unha guillotina para calquer ciclista despistado.

A barandilla de madeira que facilita o paso ao paseo da Foz na Ramallosa ten un pasamáns que invade o extremo do carril bici. O feito de ser de madeira engade ainda maior dificultade para poder avistar este perigo, e un golpe nun brazo a unha velocidade moderada pode resultar grave, pero se o cilcista é un cativo o perigo é maior por situarse á altura da cabeza.

No caso de Baiona o feito ainda é moito máis perigoso. Os bancos do paseo están situados ao borde delimitado do carril bici, pero a parte posterior dos mesmos presentan un perfil de ferro cortante que pode levar por diante a man ou a cara de calquer neno despistado ou aprendiz.

Un lector de valminor.info foi o que puxo sobre aviso estes feitos, que a pesar de existiren dende fai anos, certamente os respectivos concellos deben correxir de xeito inmediato.

Sirva este artigo de "aviso a viandantes" e ás administracións locais citadas.