Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A atención nos Centros de Día privados do Val Miñor é máis barata que a que brindará a Mancomunidade.

A atención nos Centros de Día privados do Val Miñor é máis barata que a que brindará a Mancomunidade.

Correo-e Imprimir PDF

Se a atención dun usuario nos Centros de Día privados do Val Miñor apenas supera os 650€ mensuais, por que a que brindará a Mancomunidade do Val Miñor custará case 1.000€? A pregunta a formulou a agrupación municipal do PSOE de Baiona, durante o pasado pleno da corporación, e segue de momento sen receber resposta. O convenio asinado entre a Mancomunidade e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o pasado 27 de decembro, estipulou en 45€/día, o custe por usuario no Centro de Día mancomunado de Sabarís. Importe que se dividirá por partes iguais entre o Concello onde está empadroado o usuario, a Xunta de Galicia e o propio usuario.

A portavoz municipal socialista Isabel Domínguez, preguntou por que se o que cada administración pública pagará por usuario é máis do que paga calquer veciño por unha contratación particular, os que farán uso do servizo mancomunado deberán pagar por riba. Razoamento que a concelleira acompañou con documentación probatoria dos custes destes servizos na área privada.

Domínguez entende que se os privados, que ten que amortizar tódolos gastos de funcionamento, locales, persoal, etc. poden cubrir os seus gastos e se supoñe, obter un beneficio como empresa, nembargante o servizo público ten un cargo maior, cando por exemplo, se utilizará un centro xa acondiconado polo Concello de Baiona.

A edil solicitou unha revisión destes acordos, e a busca dunha opción menos onerosa, que polo menos coas aportacións xa comprometidas polas administracións públicas, se cubra o custe total de atención.

Comparativa dos custes público – privado do servizo no Val Miñor.

No centro mancomunado de Sabarís o custe por usuarios será de 45€/día. O ano de liquidación será de 246 días. Polo tanto, un mes de atención terá un custe de 922, 5€/usuario. Dos cales as administracións públicas (Concellos e Xunta) cubrirán en total 615€ por usuario ao mes. En comparativa, e tomando dos documentos manexados polos socialistas o de maior importe, un usuario do Centro de Día privado situado en Gondomar, con similares prestacións do que se recibirá no mancomunado de Sabarís, paga 615€ (máis IVA) ao mes, por todo concepto.