Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Rafael Louzán valora positivamente o aumento do IBI respecto á saúde das arcas municipais.

Rafael Louzán valora positivamente o aumento do IBI respecto á saúde das arcas municipais.

Correo-e Imprimir PDF
rafaellouzan

O incremento do 10 % no imposto de bens inmobles (IBI) decretado desde o Goberno de España para todos os municipios do país, foi avaliado positivamente por Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra. Onte, durante un encontro cos medios, fixo un repaso de como afecta ás arcas de concellos da provincia. No que respecta ao Val Miñor, o presidente mencionou o caso de Baiona e Nigrán que no seus cálculos recadarían 224.000 e 472.000 euros respectivamente.

 Louzán deixou aberta a porta a novas actualizacións á alza na provincia. "Hai concellos nos que actualízan os seus valores catastrais desde hai máis de 25 anos. E en máis dá metade dos concellos da provincia, concretamente en 34 concellos, non se estableceu ningunha revisión catastral en máis dunha década, o que deriva -insistiu Louzán- nun claro desfase entre ou valor polo que se cobra e o valor real, en consecuencia, na cota que se paga".

Neste sentido, o presidente provincial chamou á atención ante os seus alcaldes acerca de situacións que se producen en algúns municipios. E citou os casos dos concellos de Cangas e Moaña, con 85 e 122 euros de IBI, respectivamente.