Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Trens galegos circulan sen o obrigatorio interventor

Trens galegos circulan sen o obrigatorio interventor

Correo-e Imprimir PDF
revisor renfe

Desde hai semanas, moitos trens circulan por Galicia sen interventor a pesar de que é ilegal. Até 16 convois circularon así nun mesmo día. Non é unha situación illada e repítese con frecuencia. Polo momento, e a pesar das protestas, Renfe non aportou unha solución. Esta eiva é común nos trens das 14.00 horas de Vigo a A Coruña e nos das 10.30 co mesmo destino.

Actualmente en Galicia hai arredor de 30 interventores traballando, pero só 28 son efectivos, dos que tres, ademais, pertencen ao corporativo e a outros dous están pendentes de traslado. Ademais, nos últimos anos, tamén se suprimiron interventores pola desaparición dos trens de mercadorías.

8 de xaneiro de 2012. Do xornal Galicia Confidencial coa colaboración de Valminor.info

Este problema é responsabilidade de Renfe Operadora e, segundo as fontes consultadas, o xerente, Javier Pérez, ten coñecemento deste problema interno porque en Vigo e A Coruña se formalizaron queixas que figuran reflexadas nos libros de reclamacións das estacións. Tamén os catro sindicatos ferroviarios son conscientes desta circunstancia pero, polo momento, non teñen intervido.

Un dos trens máis afectados é o rexional que vai de Vigo a Santiago e no que é obrigatorio o interventor porque ao seu paso por Picota (Redondela) hai un tramo curvo sen visibilidade para o condutor xa que ao acceder ao tren polo exterior da curva nunca ten visión directa. "Se de día é perigoso, de noite moito máis", aseguran as fontes consultadas.

Funcións

Ademais, nestes trens que soen parar en moitas lugares con estacións pechadas, o interventor é a persoa de referencia dos usuarios e do propio maquinista. Precisamente, as funcións deste profesional son realizar as tarefas de Check-in (control de acceso), verificar os coches de viaxeiros están nas debidas condicións, comprobar que o persoal de servizo a bordo está no seu posto de traballo, comunicar as anomalías encontradas aos responsables de solucionalas, comprobar os danos existentes antes da saída do tren, apoiar a outros interventores na obtención de listados de ocupacións, ou informar y axudar aos clientes que o necesiten.

Ademais, os interventores farán o control dos billetes e tamén poderá colaborar co maquinista na realización de manobras non previstas, cando exista algunha incidencia que imposibilite a circulación do tren, así como en accidentes ou cando fallen os elementos de seguridade do tren.

Polo momento, e os sindicatos consultados por Galicia Confidencial non negan que este problema exista pero aseguran que é unha cuestión "que se está estudando desde hai algún tempo para buscarlle unha solución".