Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Alfonso Tellado pon a voz na campaña das emisoras municipais galegas sumándose á iniciativa "Vitaminas para o galego"

Alfonso Tellado pon a voz na campaña das emisoras municipais galegas sumándose á iniciativa "Vitaminas para o galego"

Correo-e Imprimir PDF

O mediático Alfonso Tellado pon a voz na campaña das emisoras municipais galegas sumandose á iniciativa "Vitaminas para o galego". Esta semana as radios públicas locais de Galicia comezaron a emitir os anuncios da proposta dos medios de comunicación en lingua galega. Trátase dunha nova fase da campaña, despois do éxito logrado na plataforma de micromecenas Verkami, iniciativa que continua ata finais do mes de xaneiro.

O galego necesita vitaminas. A campaña ten unha compoñente colaborativa que quere facer patente a necesidade de axudas, medios, apoio e soporte para o idioma galego. Preténdese implicar a "mass media", entidades e individuos para revitalizar o idioma e garantir a súa transmisión interxeracional.

O galego precisa moitas vitaminas. O país necesita como auga de maio contar con medios de comunicación que empreguen o idioma noso, sobre todo en contextos urbanos. Galicia precisa información de proximidade en galego. Impulsaron a iniciativa, Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Quepasanacosta, ValMiñor.Info, Certo, OSil.info e Crónica 3. Sumáronse tamén á proposta, Terra Cha.Xa, Crónicas da comarca (Arzúa Melide) e Radio Nordés na Costa da Morte. Vitaminas para o galego pretende visibilizar estes medios en galego, boa parte deles de carácter comarcal, ademais de procurar vías de financiamento para a súa viabilidade e para o traballo digno dos seus profesionais.