Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Falece un home en Oia mentres practicaba mergullo

Falece un home en Oia mentres practicaba mergullo

Correo-e Imprimir PDF

Un home faleceu a mañá do sábado mentres practicaba pesca submarina no municipio pontevedrés de Oia, segundo confirmou o servizo de urxencias 112 da Xunta.

Ás 11.26 horas un compañeiro do falecido, que se atopaba con el na auga, nun lugar coñecido como Insuíña preto de Cabo Silleiro, deu aviso ao servizo de urxencias.

Inmediatamente os feitos puxéronse en coñecemento do 061 e da Garda Civil, que se desprazaron ata o lugar, na parroquia de Mougás, e de Salvamento de Fisterra e dos gardacostas, que non chegaron a mobilizarse, xa que o corpo da vítima foi rescatado da auga pola mesma persoa que deu o aviso.

Unha ambulancia medicalizada do 061 achegouse ata o lugar dos feitos que, a pesar dos esforzos, só puido certificar a morte do home, de 38 anos.