Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Almuíña deixa a presidencia da mancomunidade do Val Miñor que pasa ao gondomareño Fernando Guitián.

Almuíña deixa a presidencia da mancomunidade do Val Miñor que pasa ao gondomareño Fernando Guitián.

Correo-e Imprimir PDF
tres-alcaldes-010

 

A presidencia rotativa do ente supramuncipal da bisbarra pasa a Gondomar a partir do ano 2012.  O alcalde popular Fernando Gutián deberá presidir agora unha mancomunidade que transitou no 2011 por varios conflitos, nomeadamente o desmantelamento do seu servizo de emerxencias que quedou cun só profesional por quenda e o servizo de ambulancias 061, cunha única unidade con base na comarca de luns a venres.

Nembargante, no pleno celebrado este martes 27 de decembro, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, presidente ata hoxe da entidade, obtivo a aprobación dun recoñecemento de facturas  e gastos de exercicios pasados por un valor próximo aos sete mil euros e a xestión  mancomunada do Centro de Día de Sabarís.

Almuíña agradeceu aos demais representantes el "apoio e respecto"  que manifestou, recibiu de todos eles durante o seu mandato. Informou que deixa unha mancomunidade cun orzamento próximo aos 500 mil euros e salientou que durante a presidencia de Baiona, o ente renovou  a concesión administrativa  da Piscina Mancomunada do Val Miñor. Aprobou novos prezos para as instalacións deportivas  e deu o visto e prace á realización de obras  de modificación de saídas  de emerxencia  para adaptalas  á normativa vixente.  Durante o presente exercicio, informou que  tamén se procedeu á convocatoria dun concurso oposición para a contratación dunha administrativa- tesoureira.

Entre os servizos que ofrece la Mancomunidade, Almuíña destacou os dous  camións  e os dos operarios a tempo completo que se dedican a roza e asfaltado  de camiños, limpeza de praias e  obras varias.

Nembargante as polémicas aínda vixentes sobre a situación dos servizos de emerxencia da bisbarra, o presidente da mancomunidade afirmou que o Val Miñor mantén dous unidades  destinadas ao servizo de emerxencias médicas con su correspondente persoal. Así tamén como que os concellos de Nigrán, Gondomar e Baiona tamén aprobaron "la creación del grupo operativo de emergencias estable que opera los 365 días del año, formado por profesionales y voluntarios que realizan una excelente labor dentro y fuera de la comarca miñorana." 

Para rematar, nun comunicado público emitido logo da celebración do pleno, o alcalde de Baiona sinala que "Dentro de la línea de trabajo de la Mancomunidad del Val Miñor  está en los próximos meses lograr la creación de un parque de bomberos que dé servicio a los tres concellos y al vecino de Oia".