Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Rajoy: “No va a haber milagros, tampoco los prometimos”. Maioría absoluta do PP no Val Miñor.

Rajoy: “No va a haber milagros, tampoco los prometimos”. Maioría absoluta do PP no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

{plusone}

Os resultados no Val Miñor coinciden coa media dos resultados nacionais en relación aos dous grandes partidosO PP obtivo a maioría absoluta nos tres concellos miñoranos. Có 100% dos votos escrutados, os populares acadaron o 56,94% dos apoios en Baiona, o 53,84% en Gondomar e o 55,07% en Nigrán . Dos 7 deputados a elexir pola provincia de Pontevedra, o PP leva 4, o PSOE 2 e o restante queda en mans do BNG. Co respecto ao Senado, 3 do PP e 1 polo PSOE na votación provincial. Pola súa banda, o futuro presidente do Goberno Español será o galego Mariano Rajoy, que na súa primeira intervención manifestou a súa vontade de gobernar para todos os españois, sen exclusións máis coa certeza de que “No va a haber milagros tampoco los prometimos”.

A participación nestes comicios descende na tónica xeral en todo o Val Miñor respecto ao 2008. En Baiona alcanzou o 72,45% (76,22% en 2008). En Gondomar chegou ao 74,10% (78,18% en 2008), e no caso de Nigrán 73,36 % (76,55% en 2008).

resultados elecciones_generales_2011_nigran

resultados eleccions_Baiona

resultados eleccions__Gondomar