Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor PP, PSOE e BNG deixan fóra dos investimentos publicitarios aos medios en lingua galega.

PP, PSOE e BNG deixan fóra dos investimentos publicitarios aos medios en lingua galega.

Correo-e Imprimir PDF

"Ningún destas grandes formacións apostou polos poucos medios que aínda existen en galego para publicitar a campaña electoral." Así conclúen o seu informe os colegas de Galicia Confidencial, sobre a conduta publicitaria dos tres grandes partidos de Galicia de cara ás eleccións xerais do 20-N. O artigo, publicado na edición de hoxe, salienta que "A negativa a meter anuncios electorais en medios en galego sorprendeu a militantes do PSdeG e do BNG. Os dous cargaron contra a Xunta pola evidente falta de apoio aos medios na lingua propia, mentres o Goberno segue a repartir millonarias axudas a dedo entre as cabeceiras en español. "

 Populares e socialistas

Luego de consultar ás direcciones autonómicas do PP e PSOE , os colegas reciben como resposta que é Madrid quen está levanto toda esa cuestión e que nas sedes galegas "nese tema non entran". "Desde a sede galega non gastamos un duro en nada disto. O pouco que hai ven de Xénova", asegurou o responsable de comunicación do PPdeG. Tampouco os socialistas galegos puxeron nada en publicidade, ou iso é o que din desde a súa dirección. "É Ferraz quen se encarga da publicidade, da cartelería e dos grandes mitins. Aquí o gasto é mínimo".

O suposto plan de medios dos populares dirixido desde Madrid, ten insertado publicidade en La Voz de Galicia e Faro de Vigo, La Opinión, La Región ou El Correo gallego, entre outros medios, e tamén nas versións dixitais dos dous primeiros. No caso dos socialistas apostaron por un gran banner en El Progreso da candidatura de José Blanco. "Pero ese é unha publicidade da que se encargou exclusivamente Pepe", dixeron desde o PSOE que tamén inseriu publicidade en La Región e Faro de Vigo, entre outros medios.

O Bloque Nacionalista Galego.

Sobre os medios nos que o BNG decidiu investir cartos en publicidade electoral, Galicia Confidencial informa que decantouse por dous medios como La Voz de Galicia e Faro de Vigo, ambos os dous promotores da lingua castelá. No caso de La Voz de Galicia ten inserido anuncios electorais dos principais mitins diarios da formación "a pesar de que boa parte da militancia nacionalista apoiou unha campaña de boicot a este medio." Os colegas sinalan que: "Precisamente, o gasto do BNG en La Voz está a sorprender a parte da súa afiliación, pois este medio mantivo unha liña editorial moi dura cos nacionalistas cando cogobernaban a Xunta. A fronte, mesmo mandou na campaña das autonómicas unha circular a todos os seus afiliados na que arremetía contra a suposta parcialidade da cabeceira de Santiago Rey. Xa na oposición, o BNG acusou publicamente ao PP de "pagar favores" a La Voz a través das axudas da Xunta."

O informe remata afirmando que "Así, e ainda que criticaron duramente á Xunta e ao PP por non apostar polos medios en galego que foron morrendo; Galicia Hoxe, A Peneira, Vieiros ou A Nosa Terra, entre outros, ou mesmo de Xornal de Galicia, o certo é "que tanto socialistas como nacionalistas "decidiron, aoi igual que o PP, investir nos medios que só publican en español."