Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Permanece vixente a prohibición de queimas controladas ata novo aviso en todo o territorio galego.

Permanece vixente a prohibición de queimas controladas ata novo aviso en todo o territorio galego.

Correo-e Imprimir PDF
Accidente_Silleiro

A Consellería do Medio Rural reitera que ata novo aviso está prorrogada, como medida preventiva, a prohibición de queimas controladas nos montes galegos e área de influencia forestal. Esta medida preventiva prorrogouse no inicio de outubro debido ás condicións climáticas e á seca, que afecta a boa parte do territorio galego dende a primavera.

Sancións

Tal e como se contempla na Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia, o pasado 23 de xuño suspendíanse os permisos de queima en todo o territorio da Comunidade Autónoma. Deste xeito, esta prórroga impide o desenvolvemento destas tarefas ata que así o determine a Consellería do Medio Rural. Os incumprimentos do disposto nesta Lei e a realización de queimas forestais sen a autorización correspondente serán consideradas como moi graves e obxecto de sanción.