Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Xunta deixa sen axudas ás institucións culturais de Galicia para 2011 e parte do 2012.

A Xunta deixa sen axudas ás institucións culturais de Galicia para 2011 e parte do 2012.

Correo-e Imprimir PDF
CULTURA-2

As asociacións culturais galegas quedan sen axudas para o seu funcionamento así como para a realización de actividades e programas culturais para o ano 2011 e parte do 2012. A Orde do 5 de outubro da Consellería de Cultura e Turismo pulicada onte no DOG deixa sen efecto a convocatoria do pasado 11 de maio, que en réxime de concorrencia competitiva beneficiaba ás fundacións, asociacións e institucións culturais no desenvolvemento das súas actividades no país.

A medida complementa unha ondanada de recortes en materia cultural, que neste 2011, entre outras, tamén implicaron a desconvotaria das axudas para Concellos, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora de instalacións e locais empregados para o desenvolvemento de actividades culturais . A medida está sustentada, segundo o conselleiro de Cultura Roberto Varela Fariña, na política de reaxustes orzamentarios que está a aplicar a Xunta de Galicia de cara a crise.

A resolución que xa sobrevoaba o ambiente das institucións culturais galegas, levou a pasada semana a que o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Carlos Fernández, advertise contra a posibilidade de recortes “en clave ideolóxica”. Alerta que confirmaríase co mantemento da “custosísima programación da Cidade da Cultura e os desorbitados orzamentos da súa interminable construción”, como denuncia a asociación miñorana de femento da lectura, Espazo Lectura, nun comunicado feito público nesta xornada.

Primeiras repercusións no Val Miñor

Neste senso, esta segunda supresión de axudas, “supón un duro golpe institucional para o traballo” manifestan dende Espazo Lectura. Institución que basea as súas actividades no voluntariado. Esta asociación como o resto das diversas iniciativas culturais que atópanse na bisbarra do Val Miñor carecerán a partir de hoxe de cobertura para o co-financiamento público das actividades. “Esta derogación das axudas para realización de programas e actividades culturais supón un feito gravísimo e pon ás asociacións culturais galegas contra as cordas”, salientan.