Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Vespas e Lambrettas percorreran o Val Miñor

Vespas e Lambrettas percorreran o Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Foto-Vespas

O vindeiro sábado 3 de setembro modelos de auténticas vespas e lambrettas percorrerán 60 km das rúas do Val Miñor. A I Volta ao Val Miñor en Vespa e Lambretta, organizada por Vespamiñor Scooter Club en colaboración cos Concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar, ofrecerá ademais unha exposición de vespas na contorna do Porto de Panxón.

A concentración de scooters terá lugar a partir das 10.30 horas na antiga estación de tranvías da Ramallosa, desde onde sairán ás 12.00 horas realizando o seguinte percorrido: A Ramallosa, Baiona, Cabo Silleiro, Baredo e Cortelliño, onde se deterán para sacarse unha foto de familia, para logo continuar cara a Pinzás, Portavedra, Mañufe, Gondomar centro, Areíña, Nigrán, até chegar ao seu destino, Panxón.

Ás 14.00 horas os participantes gozarán dunha comida no Club Náutico de Panxón e os amantes das scooters dunha exposición de vespas con acceso gratuíto na contorna do porto. A festa prolongarase durante toda a tarde cun sorteo de agasallos e DJ.

Dim lights Embed Embed this video on your site