Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Prohibidos os fogos artificiais en Baiona, Gondomar e Nigrán por orde do Medio Rural ata novo aviso.

Prohibidos os fogos artificiais en Baiona, Gondomar e Nigrán por orde do Medio Rural ata novo aviso.

Correo-e Imprimir PDF
fuegos-artificiales

.Medio Rural prohibe os fogos de artificio en toda Galicia ata que cambien as condicións climatolóxicas.

.A prohibición seguirá en vigor a partir de mañá venres e durante todo o verán naqueles concellos nos que o Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI) estea no nivel extremo, como é o caso dos concellos miñoranos de Baiona, Nigrán e Gondomar, polo que as autoridades municipais deben consultar diariamente este índice, para saber a que aterse.

.Tras comunicar esta circunstancia aos servizos provinciais de Defensa contra Incendios da Xunta, e aos efectos da dar a maior difusión posible a esta medida, a Consellería ven de notificar á Federación Galega de Municipios e Provincias esta suspensión.

A Consellería do Medio Rural ven de prohibir o uso de fogos de artificio en toda Galicia mentres se manteñan as actuais condicións meteorolóxicas adversas. Esta limitación afecta en concreto a tódolos terreos forestais e ás zonas de influencia forestal, é dicir, aos propios montes e un perímetro de 400 metros arredor deles.

A normativa vixente sobre prevención de incendios forestais establece que para poder lanzar fogos de artificio debe solicitarse o correspondente permiso ao concello.

O IRDI pode consultarse na web de Medio Rural .

Responsabilidade municipal

Segundo a normativa vixente, os permisos que se concedan para lanzar fogos por parte dos concellos estarán suxeitos á súa responsabilidade no caso de que non se atenda esta recomendación da Consellería.

A primeira prohibición de Medio Rural fíxose onte mércores limitada aos concellos da fachada litoral da provincia da Coruña a causa dos fortes ventos do nordés naquela área e tendo en conta ademais que algúns dos lumes rexistrados nas últimas horas tiveron como causa máis probable os fogos de artificio. Agora amplíase o aviso a todo o territorio galego. A Consellería que dirixe Samuel Juárez reitera que nestes intres os permisos de queimas están suspendidos e pide novamente a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delictiva incendiaria da que teña coñecemento.