Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O Colexio de Arquitectos de Galicia demandou maior calidade na redaccións dos PXOM, á Xunta.

O Colexio de Arquitectos de Galicia demandou maior calidade na redaccións dos PXOM, á Xunta.

Correo-e Imprimir PDF
Jorge Duarte, decano do Colexio de Arquitectos na xuntanza có conselleiro Agustín Hernandez.

.Reforma da Lei do Solo, axilidade e máis calidade dos Plan Xeral de Ordenación Muncipal foron as demandas do Colexio de Arquitectos de Galicia á Xunta-

. O decano do Colexio de Arquitectos avogou por quitar "o planeamento da batalla política" entre partidos.

Para acadar unha tramitación máis áxil do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), a Administración autonómica introducirá sistemas telemáticos na xestión dos distintos informes sectoriais. Así o acordaron hoxe durante unha reunión de traballo o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández e o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, que estiveron acompañados pola secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas e o director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio. “É importante que os concellos conten cun plan, pero tamén o é que teña calidade para permitir un desenvolvemento sostible dos nosos concellos”, indicou o conselleiro.

Durante a xuntanza os representantes do goberno galego e o dos arquitectos acordaron tamén traballar conxuntamente para acadar unha reforma da Lei do Solo que conte co consenso dos axentes sociais e que perdure no tempo.

O decano do Colexio de Arquitectos, pola súa banda, avogou por quitar “o planeamento da batalla política “, coincidindo co conselleiro na necesidade de que o PXOM se fagan con calidade e nazan do consenso. “O plan ten que ordenar o territorio das vilas e iso é o máis importante porque os efectos quedan para sempre. É mellor que haxa un bo plan nacido da reflexión” explicou, ao tempo que defendeu a necesidade de buscar estabilidade para lograr seguridade xurídica.