Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Correo-e Imprimir PDF
velero

A vila mariñeira de Carril (Vilagarcía de Arousa), será a sede do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se desenvolverá entre o 30 de xuño e o 3 de xullo de 2011. O Val Miñor estará representado polo Instituto de Estudos Miñoranos a través da súa Sección Marítima. O evento está organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial(FGCMF), da que forma parte o Instituto de Estudos Miñoranos.

A ianuguración terá lugar o xoves 30 e ese día se organiza unha cea  na carpa da organización

Comer no X Encontro.
Cada comida ou cea costará 6 euros. Haberá ademais dous bonos, un de 10 euros que cubrirá a cea e comida das xornadas previas en Vilaxoán, e outro de 30 euros que cubrirá as seis comidas e ceas do Encontro en Carril.

Na web do IEM atópase  o programa de actividades do Encontro.