Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O 061-Galicia asistiu a 82 persoas por 64 accidentes de circulación durante a fin de semana

O 061-Galicia asistiu a 82 persoas por 64 accidentes de circulación durante a fin de semana

Correo-e Imprimir PDF
UVI-SPRINTER-061-GALICIA

.Desde as 15,00 horas do venres 17 de xuño ás 23,59 horas do domingo 19 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu 89 chamadas por accidentes de tráfico.

.Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 82 persoas debido a 64 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas.

O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 17 de xuño, ata as 23:59 horas do domingo, 19 de xuño. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado e o domingo con 24 accidentes respectivamente.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 89 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 64 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 82 persoas.

A proporción de homes atendida foi do 74 por cento e a de mulleres do 26 por cento. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 55 por cento dos atendidos ten entre os 20 e os 39 anos.

Por provincias foron Pontevedra e A Coruña, as que rexistraron máis accidentes con 26 sinistros respectivamente durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

26

Lugo

6

Ourense

6

Pontevedra

26

Galicia

64

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 82. Así, as UVI móbiles mobilizáronse en oito casos; o helicóptero medicalizado acudiu a dous sinistro, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 69 accidentes; as concertadas en dous casos e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro sinistros.

En 69 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes e en catro ocasións ao centro de saúde ou Punto de Atención Continuada de Atención Primaria mentres que sete persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar do incidente sen necesitar traslado, e dous faleceron no lugar do sinistro.