Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor WWF e Correos presentan proxecto para recuperación do bosque autóctono no Val Miñor.

WWF e Correos presentan proxecto para recuperación do bosque autóctono no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
bosque_galicia

World Wildlife Fund España e Correos presentaron este mércores un proxecto de restauración de bosques autóctonos en Galicia, que comprende a bisbarra do Val Miñor, co que se pretende recuperar especies arbóreas como as carballeiras das que apenas sobreviven entre o 5 e o 15% da súa superficie orixinal. Ata o momento, esta colaboración permitiu a recuperación de 16 hectáreas de monte en Galicia, segundo informan ambas as dúas entidades nun comunicado.

Xunto coa Mancomunidade de Montes de Val Miñor e a Deputación de Lugo restauráronse doce hectáreas en Pontevedra, nas parroquias de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona), Borreiros (Gondomar) e Chandebrito (Nigrán), e catro na provincia de Lugo.

No marco do proxecto, tamén se celebrou un taller sobre xestión forestal sostible para o que se contou coa organización FSC (Consello de Administración Forestal, polas súas siglas en inglés). O seu obxectivo principal foi promover boas prácticas de xestión forestal en Galicia para lograr que o aproveitamento do monte non comprometa a conservación dos bosques autóctonos.

No informe realizado, “Os bosques que nos quedan”, a ONG explica que "os bosques españois representan na actualidade o 29 por cento do territorio que potencialmente poderían ocupar", e que para reverter a situación actual "habería que restaurar para 2030 unhas 2.6 millóns de hectáreas, plantando 2.000 millóns de árbores e arbustos".

Deste xeito, a responsable do Proxecto de Restauración de WWF España, Lourdes Hernández, quixo destacar que a restauración forestal "é unha fantástica ferramenta para promover unha xestión forestal responsable e loitar así contra a desertificación, os incendios e o arrequecemento global".

Pola súa banda, o presidente de Correos, Alberto Lafuente, recordou que os bosques son a mellor proba de que "o compromiso co medio ambiente non obedece a unha moda pasaxeira, senón á convicción de que a sustentabilidade é un dos valores corporativos da compañía