Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas Baiona con Amadeo e Ángel

Baiona con Amadeo e Ángel

Correo-e Imprimir PDF
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
Quizáis nestes intres de revolución cultural que semella vai vivir Baiona esta fin de semana, con dúas formas de ver a cultura e inclusive a política tan diferenciadas e antagónicas, debería xurdir unha terceira vía que serena os ánimos e nos mova á reflexión. Non queriamos falar de Amadeo e Ángel ata saber que estaba ben e coas súas familias, pero o tempo pasa e eles siguen secuestrados por mercenarios extorsionadores.

E resulta que nin se anula a Feira de Abril nin ese contestatario Serán á Beira do Mar. ¿Qué pasaría se unha banda terrorista tivera secuestrados a Jesús Vázque Almuiña e a Rafa Lores? Por pór un exemplo. Esta fin de semana somentes poderiamos sair á rúa á manifestación convocada por todos os grupos políticos, falariamos nas rúas de que é unha salvaxada reter en contra da súa vontade a dúas persoas que nada fixeron para merecer tal tormento e moito menos as súas familias.

Pero claro, é que Amadeo e Ángel non son políticos, o secuestro é moi lonxe das portas das nosas casas e os secuestradores non son nacionalistas radicais. Pois nas casas das familias destes dous mariñeiros o drama é tan duro que en canto escoiten sevillanas ou gaiteiradas preguntaránse cómo pode haber alguén con ganas de festa cando hai dous baioneses que se están xogando a vida polo simple feito de estar a traballar. E logo dirán que o peixe anda caro.

Máis acerca de Baiona Consciente