Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

A Guardia Civil confisca mais de 100 kilos de cocaína en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
A Guardia Civil de Pontevedra incautouse onte de mais de cen kilos de cocaína -estaban almacenados en mochilas nun garaxe- nunha redada que realizou nunha morada de Monteferro. Os efectivos de seguridade culminaron asi o amplo dispositivo que se puxo en marcha fai varias semanas e para o que foi clave a aparición dun catamarán abandonado na praia lusa de Moledo, situada a uns 45 quilómetros de onde se atopou o alixo.

O Sergas investe mais de dous millóns de euros en A Xunqueira

Correo-e Imprimir PDF

Hernández Cochón inspeccionou tamén onte as obras de ampliación do centro de saúde de A Xunqueira, en Nigrán, acompañado polo alcalde, Alfredo Rodríguez Millares. Estes traballos suposto un investimento do Sergas de 2.099.895 euros.

O obxecto desta ampliación é dotar a este edifício asistencial daquelas unidades de apoio coas que contará a bisbarra do Val Miñor, como servizo de radioloxia, fisioterapia e saúde mental. O proxecto contempla tamén a mellora e ampliación do área de urxéncias deste centro, onde se situa o ponto de atenzón continuada, que dá cobertura ao Val Miñor.

Nigrán recupera o seu litoral

Correo-e Imprimir PDF

A Concellalía de Medio Ambiente, coordinada por Ana Rial, emprenderá en breve a rexeneración do litoral de Nigrán, coa finalidade de recuperar dunas e arenais de Patos e Praia América e impedir por ditos espazos o estacionamento ou circulación de veículos.

panxónEn Praia América e Panxón existen vários problemas, entre eles o estacionamento de veículos na zona de dunas, arbolado escaso e inadecuado e tramos do paseo con un trazado sobre os arenais. Nunha primeira fase de rexeneración tratarase de recuperar a zona dunar, para o que se colocarán cancelas rústicas de madeira de tronco redondo para restrinxir a entrada de veículos, excepto o servizo de limpeza de praias.

O PXOM de Nigrán contemplará chan para un campo de golf en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

O concellal de Urbanismo de Nigrán, Carlos Quintas, anunciou durante o pleno ordinário do pasado venres que o goberno reservará chan en Chandebrito para a construcción dun campo de golf.

Terá que ser unha empresa privada a que apresente unha proposta ao goberno municipal e negocie a adquisición dos terrenos á comunidade de montes desta paróquia.

A policia de Nigrán denuncia o abandono do goberno local

Correo-e Imprimir PDF

Os membros da policia local de Nigrán emitiron un comunicado no queren deixar patente o seu mal-estar polo abandono que din estar a sofrer por parte das autoridades municipais.

Afirman que a equipa de goberno non ten en conta o seu traballo nen o esforzo levado a cabo durante as últimos meses para mellorar o servizo. Realizaron traballos en alguns casos fose da sua xornada laboral e outros requerementos da equipa de goberno e, «lejos de agradecer este esforzo, o que se recebeu é a negativa ao complemento de productividad», afirman.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL