Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán NIGRÁN DECIDE solicitará un proceso participativo na elaboración dos orzamentos de Nigrán.

NIGRÁN DECIDE solicitará un proceso participativo na elaboración dos orzamentos de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
jose cuevas

NIGRÁN DECIDE, urxe ao equipo de goberno para que comece un proceso participativo para a elaboración dos orzamentos tanto cos grupos políticos como cos colectivos veciñais e, en xeral, toda a veciñanza de Nigrán.

"Aínda que estes non serían os orzamentos participativos propiamente ditos", para NIGRÁN DECIDE, "todo apoio aos orzamentos do Concello respecto ao procedemento de elaboración pasa por que sexan presentados aos colectivos veciñais nunha xuntanza para que estes podan facer as achegas que consideren".

Respecto ao dialogo que poda establecerse NIGRÁN DECIDE considera que o acordo ao que se poda chegar ten que ser global e incluír polo tanto as partidas que figurarán no orzamento, e o destino das subvencións que vai a recibir o concello da Deputación, e que ascenden a unha cantidade de947623,61 euros.

En lo concreto NIGRÁN DECIDE lembrará ao goberno municipal dos 37 puntos que presentamos ao PSOE para facilitar a investidura do actual alcalde, dos cales afirmou que aceptaba a maioría. Ademais teñen que existir partidas orzamentarias para cumprir os acordos plenarios relativos a transparencia, auditoría de servizos privatizados.