Domingo, 15 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán Nigrán procederá a selar o vertedoiro ilegal situado a carón do Punto Limpo municipal

Nigrán procederá a selar o vertedoiro ilegal situado a carón do Punto Limpo municipal

Correo-e Imprimir PDF
escombreiraNigran

O espazo, situado nunha leira privada, fora utilizado polo anterior goberno e empregado ademais para uso municipal

O Concello contratará por 45.000 euros a unha empresa para que retire as toneladas de residuos acumuladas durante anos

"Supón un perigo sanitario e un desastre ecolóxico, non se entende que se deixou así durante anos e non encaixa na nosa política medioambiental", sinala Juan González, alcalde de Nigrán

O Concello de Nigrán contratará nos próximos días por valor de 45.000 euros a unha empresa para que sele de forma definitiva o vertedoiro ilegal situado a escasos 100 metros do Punto Limpo, na parroquia de San Pedro. O espazo, situado nunha leira privada de 3.576 metros cadrados, foi permitido durante o anterior goberno do PP, quen admitiu que lle daba tamén un uso municipal. Así, durante anos fóronse acumulando toneladas de residuos de todo tipo que alí deixaban particulares e Concello: grava, restos de poda, escombros, electrodomésticos, neumáticos, tubos... Unha situación que derivou na apertura de diferentes expedientes por parte do Seprona e que empeoró a raíz do anuncio da suposta apertura do Punto Limpo, xa que ao situarse na mesma estrada pero 100 metros antes e non estar realmente aberto, provocou que moitas persoas abandonasen alí directamente as súas residuos.

"Como denunciamos desde o principio, a situación supón un grave perigo sanitario e un desastre ecolóxico, e por suposto que non encaixa na nosa política medioambiental, polo que hai que darlle unha solución definitiva, que non é outra que selalo e impedir que se volvan a depositar residuos", explica Juan González, alcalde de Nigrán.

Lembra que "o descontrol e peligrosidad do vertedero xa quedou patente en agosto de 2014, cando precisamente ao día seguinte de inaugurarse precipitadamente o punto limpo produciuse un incendio". Engade que "nese momento o anterior goberno realizou unha pechadura perimetral que durou 24 horas e prometeu clausuralo inmediatamente, feito que nunca se produciu".

Entenden que "a nova política municipal aposta, entre outros aspectos, polo compostaxe comunitario, polo que instalará no punto limpo do Concello unidades de compostadores para que usuarios particulares e hosteleros depositen alí materia orgánica (como sobras de comida, froitas, verduras ou ata as ramas de poda) para posteriormente recoller abono de alta calidade de xeito totalmente gratuita."