Venres, 6 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán Nigrán demanda á Xunta a reparación das deficiencias detectadas pola inspección de traballo no IES Val Miñor

Nigrán demanda á Xunta a reparación das deficiencias detectadas pola inspección de traballo no IES Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

O alcalde está pendente dunha reunión coa delegada da Xunta en Vigo despois de que esta fose suspendida o mércores

O Concello de Nigrán reclama a Xunta que actúe "urxentemente" no IES Val Miñor despois de que a Inspección Provincial de Traballo de Pontevedra advertise nun informe dos perigos para a saúde que supoñen "a fibra de vidro e o amianto presentes na súa estrutura, dous materiais altamente canceríxenos".

Segundo a información publicada, o organismo dependente de Empleo y Seguridad Social "conclúe que a Xunta incumpre a lexislación neste senso e da tres meses para tomar medidas, mentres que a Consellería de Educación non apreciaría tales riscos e retrasa as obras ao vindeiro curso".

"Non podemos xogar coa saúde de 400 alumnos e 36 docentes, é necesario subsanar este problema e realizar canto antes as reparacións que sexan precisas", sinala Juan González, alcalde de Nigrán e quen precisamente tiña este mércores unha reunión coa delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, que finalmente foi suspendida. "Íamos plantexarlle este problema e queremos ter a reunión canto antes, consideramos que son cuestións que non se poden aprazar, a Xunta ten que actuar urxentemente", finaliza González.

Pola súa banda, Juan González informa de que o PsdG trasladará ao Parlamento a necesidade da reparación urxente ao tempo que realizará diferentes cuestións relativas ao asunto en cuestión para saber que é o que pensa facer a Consellería de Educación.