Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O BNG de Nigrán propón declarar Nigrán zona libre de circos con animais

O BNG de Nigrán propón declarar Nigrán zona libre de circos con animais

Correo-e Imprimir PDF

 O BNG de Nigrán aproveitará o último pleno do presente mandato, para presentar unha moción ca que pretende que a corporación declare á localidade vila libre de circos con animais, prohibindo así a instalación deste tipo de espectáculos no termo municipal.

 "Queremos, deste xeito, que o noso concello se una ao crecente número de vilas e cidades do noso país, e de todo o mundo, que rexeitan, como un espectáculo mais propio do século XIX que do XXI, a exhibición e realización de números con animais privados de liberdade. Buscamos evitar así o lamentable espectáculo que supón a exhibición de animais salvaxes, con temperaturas arredor dos trinta graos no verán, a carón da praia, nun, sen dúbida, nada edificante exemplo para o público infantil, cos animais atados, engaiolados ou encadeados. Creemos que as novas tendencias en atraccións circenses van por vieiros ben diferentes, e un bo exemplo diso témolo na nosa propia comarca. A cuestión do respecto cara aos animais demanda novas accións en diferentes eidos normativos, e o uso de animais en espectáculos é, quizás, un dos aspectos mais surrealistas dos que aínda teñen lugar no noso país." manifestou Xabier Rodríguez nun comunicado.

A proposta será presentada en forma de moción para o derradeiro pleno deste mandato até despois das eleccións municipais.