Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O edil Juan González electo candidato do PSOE-Nigrán á alcaldía

O edil Juan González electo candidato do PSOE-Nigrán á alcaldía

Correo-e Imprimir PDF
juan gonzalez

A Asemblea do Partido Socialista de Nigrán elixe por unanimidade a Juan A. González Pérez como candidato do PSOE á Alcaldía de Nigrán, despois de ter aberto un proceso de primarias abertas a aos militantes do partido.

Juan González, actual portavoz do PSOE no concello de Nigrán, e director da Fundación Érguete - Integración basea a súa proposta de goberno "en facer un Nigrán do que nos sintamos orgullosos e no que o Servizos Socias, o Emprego e a Educación sexan os eixos transversais dun goberno transparente e participativo"

"Estou plenamente convencido de que é a hora do Partido Socialista en Nigrán e que é o momento de Juan González para ser o seu Alcalde. É necesario un cambio na política de Nigrán e teño a experiencia e o coñecemento de anos na política municipal e a ilusión do primeiro día por traballar por un Nigrán para todos e cada un dos seus cidadáns", sinala nun comunicado emitido pola agrupación este sábado.

Engade que é necesario "voltar a achegar a política aos cidadáns e para elo apostaremos polo reforzamento dos Servizos Sociais, da Educación e do apoio ao Emprego. Os titulares que fagan referencia a noso concello deben ser os que presenten como o que é, un concello solidario e un concello no que se aposte pola calidade de vida de todos os seus veciños"

"Traballaremos sen descanso para que entre todos poidamos acadar por fin un novo planeamento urbanístico do que saian beneficiados os veciños e veciñas de Nigrán e formaremos un equipo no que se mesturen xuventude e experiencia e con xente acostumada a traballar por e para os demais e que teñan un total e absoluto compromiso por Nigrán", finaliza.