Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán AGE esixe á Xunta que garanta a apertura do Centro de Tempo Libre do Panxón polo menos oito meses ao ano.

AGE esixe á Xunta que garanta a apertura do Centro de Tempo Libre do Panxón polo menos oito meses ao ano.

Correo-e Imprimir PDF

O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) presentou unha iniciativa parlamentar na que se esixe a Xunta de Galicia que garanta a apertura do Centro de Tempo Libre de Panxón polo menos oito meses ao ano tal e como o solicita o persoal da residencia apoiado en numerosas sinaturas recollidas por eles e entregadas no rexistro da Xunta de Galicia. O persoal do centro asegura que estas dependencias poderían ser rendibles manténdose abertas coma residencia todo o ano ou a meirande parte do mesmo.


Dende AGE afirman ter rexistrado diversas iniciativas para coñecer os motivos do goberno galego a non manter aberta esta residencia entre outras cuestións. O pasado 13 de novembro o executivo respondeu en comisión foi cando menos "pouco convincente" en opinión da deputada de AGE, Eva Solla, xa que deixou ver que non se tiña presentado ningunha iniciativa solicitando esta apertura e que por iso tampouco se facía ou que era suficiente publicidade a publicación da oferta de prazas na web institucional. "Todo para rematar solicitando conformismo baixo un 'podía ser peor' referíndose á posibilidade dun peche ou dunha privatización" denuncia Eva Solla.
Denuncian a falla de preocupación da Xunta de Galicia "do que supón o emprego público de 36 traballadoras e traballadores, resulta cando menos sorprendente sobre todo tendo en conta os datos de paro coñecidos que poñen de manifesto a dramática situación de Galicia no tocante ao desemprego rexistrando o maior incremento do Estado".