Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os cativos de Camos quedan sen parque infantil ata novo aviso

Os cativos de Camos quedan sen parque infantil ata novo aviso

Correo-e Imprimir PDF
parque-infatil-camos

Xogos rotos e inservibles. Randeeiras suxeitas con cordas sen cumprir normativa algunha. O valado que separa o espazo de lecer do aparcadoiro de coches desfeito. O voceiro socialista Juan González denuncia esta situación na que se atopa o parque infantil do Centro Cultural de Camos que, asegura “se converte nun perigo para os nenos e nenas”. Asegura que o parque leva catro meses nesa situación e que a pesar das protestas e informes dos veciños ao Concello de Nigrán, a administración segue sen dar unha solución. Pola súa banda, o alcalde popular Alberto Valverde afirma non ter recursos económicos nin humanos para acometer os arranxos e a maiores, afirma que o parque está en malas condicións dende o 2010, cando gobernaba o PSOE.  "En canto teñamos presuposto aprobado, esta será unha das cousas que teremos que arranxar”, promete nun comunicado.

Juan González (PSOE): “só precisan gañas de traballar”

 O PSOE esixe a súa reparación “de xeito inmediato”, e advirte ao goberno popular que “só precisan gañas de traballar e non unha gran inversión”.

Alberto Valverde prioriza os arranxos necesarios polas chuvias.

“Esta é unha das moitas consecuencias de que os grupos da oposición non avalasen o presuposto municipal” aseguran dende a alcaldía. Engaden que  “como xa advertiu o goberno no seu día, os que ao final están a pagar as consecuencias son os veciños”.  Nesta liña, aseguran que os recursos humanos os ten concentrados nos arranxos das incidencias provocadas “polas chuvias e os temporais”.