Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Tras anos de reclamacións, a Asociación Chandebrito 1807 poderá cobrar unha débeda de 351€ do Concello de Nigrán.

Tras anos de reclamacións, a Asociación Chandebrito 1807 poderá cobrar unha débeda de 351€ do Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
chandebrito panel chan roto

O vindeiro pleno de Nigrán deberá aprobar un recoñecemento extraxudicial de crédito para que a Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" poda cobrar 351 euros. A débeda cumpre sete anos e grazas á intermedión do Valedor do Pobo, os veciños poderán cobrar estes cartos xa gastados en intervencións culturais e de conservación patrimonial da parroquia.

O próximo xoves dia 30 de outubro, o pleno do Concello de Nigrán tratará o asunto do recoñecemento extraxudicial de créditos de 351 € para pagar a parte restante dunha subvención de 660 € concedida en febreiro de 2008 á Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" para actividades socioculturais.

Sinalan dende o colectivo veciñal  que despois de ter que presentar no rexistro xeral do concello "multitude de solicitudes reclamando esta cantidade adebedada durante estes case sete anos, e de manter entrevistas co interventor, alcalde, e varios concelleiros do goberno municipal, e que ninguén dos responsables fixese o mínimo caso destas xustas peticións (a pesar das continuas promesas dos políticos), esta Agrupación recentemente remitiu unha queixa ao Valedor do Pobo de Galicia sobre a cuestión, e tras diversos requerimentos deste órgano ao concello, este informoulle que se realizarían os trámites oportunos para facer frente á debeda".

Engaden que o "verdadeiro motivo de levar este asunto ao pleno non é a iniciativa do Alcalde, senón que este veuse forzado polo Valedor do Pobo, a quen tivo que recurrir esta Asociación se quere cobrar a mencionada cantidade, o que consideramos unha vergoña e unha burla á veciñanza e a este colectivo, que pensa que é moi posible que todo se deba, ademáis da inoperancia deste goberno, a que sempre se caracterizou por requerirlles solucións, incluso chegando a denunciar publicamente aqueles casos máis graves de abandono da parroquia de Chan de Brito por parte do Concello".